Este club é unha ocasión de achegarse e descubrir a lingua e a cultura francófona dun xeito non académico, cunha mirada lúdica e divertida. Entre as propostas está ver películas, escoitar música, xogar e, claro, falar francés!

 

O club reunirase os xoves, cada 15 días. Despois das clases da mañá, o alumnado participante reunirase con Lucie na aula de francés para comer (deben traer a comida da casa ou procurala na cafetería; non poderán saír do centro para ir buscala). Cando rematen o xantar comezarán coa actividade.

A xuntanza rematará aproximadamente ás 4.30, aínda que poderán marchar antes se teñen outras ocupacións (clases, entrenamento, etc.)

 

A asistencia, aínda que non é obrigatoria, si debe ser regular para o bo funcionamento do proxecto. A primeira xuntanza do club terá lugar o vindeiro xoves 14 de noviembre de 2013.

 

Se aínda non entregaches a autorización asinada podes descargala aquí.

 

__________________________________________

 

Tamén podes atopar o Club.fr en Facebook!!

 

Clica aquí.

 

SIXA

Nos TICE

Savais-tu...?

Tu trouveras des questions hebdomadaires ici

 

Si tu connais la réponse (ou tu l'as trouvé), remplis le formulaire ci-dessous.