Información de interese para o alumnado coa materia pendente

DATAS

Os exames de recuperación terán lugar nas seguintes datas:

1º parcial: semana do 21 ao 25 de xaneiro.

2º parcial: semana do 8 ao 12 de abril.

Exame final: semana do 6 ao 10 de maio.

MATERIAL

Na conserxería do centro podedes atopar un boletín coas correccións dos exercicios do Spirale 1, Spirale 2 - e Spirale 3. Recomendámosvos que vos fagades co que precisedes (segundo a materia que teñades pendente: 1º, 2º ou 3º), podendo así facer os exercicios e corrixilos vós mesmos.

 

Se precisades un caderniño de actividades, podedes pedirllo á xefa do departamento.

Por suposto, se tedes dúbidas non dubidedes en poñervos en contacto con calquera das profesoras do departamento.

 

 

Os exercicios do exame serán esencialmente seleccionados de entre eses exercicios do caderniño.

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

  • As probas consistirán en exames escritos onde as profesoras avaliarán as destrezas comunicativas dos alumnos que se refiren á expresión e á comprensión oral e escrita.
  • Os exames serán valorados de cero a dez puntos.

  • O alumnado que acade ou supere unha nota media de 5 entre os dous exames parciais quedará exento de facer o exame final e considerarase que ten superada a materia.

  • A nota mínima necesaria nos exames parciais para que fagan media é de 4’5 sobre 10.

  • Se a nota dalgún dos exames parciais é igual ou superior a 5, esa parte da materia considerarase superada até o mes de maio, polo que o alumnado non deberá examinarse desa parte. De non superar a parte restante na proba final de maio, deberá examinarse da totalidade da materia no mes de setembro.

  • No exame final, a nota mínima para superar a materia será de entre 4 e 4’5, dependendo do curso.

Contidos mínimos para a recuperación da materia pendente de 2º ESO

 

1ª avaliación

2ª avaliación

Léxico

Preposicións de lugar 

As afeccións, os gustos na música e nos deportes

Negación e expresión do desacordo

Os posesivos

Formulación de preguntas para situarse nunha cidade ou vila descoñecida

----

Partitif

Os pronomes de COD cos verbos simples

Conversas en tendas, restaurantes e outros lugares públicos

Mettre, lire, faire, devoir, prendre, vouloir, acheter...

As fórmulas de cortesía

Os determinantes partitivos


----

Adxectivos demostrativos

A casa

Os lugares clave dunha cidade (edificios, tendas, etc.)

Os alimentos

Os medios de transporte

O lecer

 

 

 

Lóxicamente, enténdese que os contidos mínimos de 2º ESO engloban tamén os de 1º ESO.

INDISPENSABLE: Ser capaz de construir un diálogo, empregando correctamente as fórmulas para a toma de contacto, cortesía, despedida, sendo comunicativamente eficaz no contexto fixado.

SIXA

Nos TICE

Savais-tu...?

Tu trouveras des questions hebdomadaires ici

 

Si tu connais la réponse (ou tu l'as trouvé), remplis le formulaire ci-dessous.